Classement
27K
29/12/2019 09:00
27km
44K
29/12/2019 09:00
44km
Information de contact
Règlement
1. ORGANIZACIÓN
Concello de Riveira
2. DATA E LUGAR DA ACTIVIDADE
Domingo 29 de decembro de 2019
Saída e chegada: Complexo Deportivo A Fieiteira
Saída ás 09:00 da mañá
3. RECOLLIDA DE DORSAIS
08:00 a 08:45
4. INSCRICIÓNS
O prazo de inscrición remata o día 26 de decembro ás 23:59.
A cota da inscrición será de 6€
Establécese un tope de inscrición máximo de 500 participantes.
5. DEREITOS POR PARTICIPAR NA RUTA
Seguro da actividade
Avituallamento líquido/solido
Pincho clausura
Servicio de Duchas
Auga para lavado de bicicletas
Zona de aparcamento
Asistencia técnica en ruta (Facilitada pola casa comercial Sportbike)
6. PARTICIPACION DE MENORES DE 18 ANOS
Todo menor de idade deberá presentar una autorización do seu titor legal para poder participar na ruta. O titor deberá estar presente na entrega de dorsais para firmar a correspondente autorización.
Poderán participar na ruta curta os maiores de 10 anos cunha preparación física/técnica alta para poder participar nunha ruta destas características. Deberá ser acompañado en toda a ruta por un adulto responsable.
A organización reservase o dereito de retirar da ruta os menores que considere que podan poñer en perigo a súa integridade física ou do resto de participantes, ou o transcurso normal do desenrolo da proba.
7. EQUIPAMENTO
Para participar, será obrigatorio o uso de casco e uso de roupa deportiva.
O dorsal deberá estar visible en todo momento.
8. PERCORRIDO
Os participantes poderán escoller entre dous percorridos (44 e 27 Kms. aproximadamente), con diferentes niveis de dificultade.
O inicio e fin da marcha terá lugar no Complexo Deportivo A Fieiteira
O transcurso da ruta terá lugar nalgúns tramos por vías abertas ao tráfico, aínda que eses tramos estarán controlados na súa maior parte por protección civil e policía local. Será necesario extremar as precaucións e respectar as normas xerais de seguridade vial.
A Ruta do Nadal non é competitiva.
A marcha será de velocidade libre.
Realizaranse dous avituallamentos líquidos e un sólido
O corredor deberá seguir o percorrido marcado.
O percorrido estará sinalizado cos mellores medios posibles. Será responsabilidade dos participantes a localización da sinalización.
9. SEGURO
A organización contratará un seguro colectivo de accidentes, para tódolos participantes.
10. LIMPEZA E PRESERVACIÓN DO ENTORNO NATURAL
A ruta do Nadal discorre por un entorno de gran valor natural. Por este motivo, dende a organización faise un chamamento a tódolos participantes a respectalo.
No punto de avituallamento disporase de puntos de recollida de residuos onde os participantes poderán depositar papeis, botellas, latas, etc.
A organización poderá expulsar da Ruta (e polo tanto, perder todo dereito a disfrutar de canto supón ser participante) a calquera persoa que incumpra os puntos anteriores ou manteña outras condutas perxudiciais para o medio ambiente.
A organización non se fai responsable dos posibles accidentes que poidan ocorrer en caso de imprudencias ou por non seguir as normas da proba.
11. ACEPTACION DO REGULAMENTO
A participación na Ruta implica a aceptación do presente regulamento. O descoñecemento do mesmo non exime o participante do seu cumprimento.
A organización poderá expulsar da Ruta a todo aquel participante que incumpra algún dos puntos citados no presente documento, así como a todo aquel que adopte conductas temerarias, perigosas ou que impidan o bo funcionamento do evento.
TROFEOS
- Club máis numeroso: cando o menos participen 10 dos seus membros.
- Club máis lonxano: cando o menos participen 5 dos seus membros.
- Participante máis veterán.