Classificações
5K
21/12/2019 21:00
5Km
Informação de contacto
Regulamento
Anexo I: REGULAMENTO VIII CARREIRA NOCTURNA CORRE POR FERROL
A VII Carreira Nocturna Corre por Ferrol, organizada polo Servizo de Deportes do Concello de Ferrol e co control técnico da Delegación en Ferrol da Federación Galega de Atletismo, terá lugar o sábado 21 de decembro a partir das 21:00 horas (carreira absoluta) e 20:00 horas carreiras de menores.
A proba pertence o VII Circuíto Provincial de Carreiras Populares organizado pola Deputación da Coruña.
A proba está suxeita ás seguintes normas:
1. A Saída e a chegada situaranse nas proximidades do Cantón de Molíns.
2. O percorrido será de 5.000 metros aproximadamente, e discorrerá polo Concello de Ferrol para as categorías absolutas.
3. A proba discorrerá por un circuíto de acordo co plano deseñado.
4. A organización contará coa colaboración da Policía Local, Protección Civil, persoal da concellería de Deportes e voluntarios, que regularan o tránsito o longo do percorrido.
5. As reclamacións relativas a clasificación faranse verbalmente antes dos 30 minutos posteriores de facerse publico o Xuíz Árbitro ou na secretaría da competición, sendo o Xuíz árbitro o encargado de resolvelas. Para todo o non previsto neste regulamento, resolverase conforme as normas da F.G.A ; R.F.E.A e a I.A.A.F por este orden
6. SERÁN MOTIVOS DE DESCUALIFICACIÓNS OS SEGUINTES:
1. Prohíbese o acompañamento dos participantes e o uso de coches de apoio. O incumprimento desta norma implicará a inmediata descualificación dos corredores que a infrinxiran. Os únicos vehículos autorizados que poderán seguir a proba serán os das forzas de seguridade e os de apoio a organización, que contarán con roupa apropiada e visible.
2. Non levar o dorsal perfectamente colocado en toda a súas extensión (no peito durante todo o recorrido) ata a súa entrada en meta.Participar con un dorsal que corresponde a outro corredor
3. Non realizar o percorrido da carreira completo.
4. Non pasar polos controis de carreira establecidos.
5. Entrar fóra da hora prevista pola organización como tempo máximo de duración da proba.
6. Non atender as indicacións dos membros da organización e dos xuíces.
7. Pretender participar na carreira sen terse inscrito previamente.
8. Aquela conduta que sexa estimada antideportiva, sempre que non sexa motivo de expulsión do Circuíto.
9. Calquera outra de análoga natureza, que a xuízo da organización poda se considerada como conduta antideportiva merecedora de sanción disciplinaria
10. Ser reincidente en algunha infracción de descualificación de carreira.
11. Realizar a inscrición alterando os datos de forma maliciosa.
12. Manter unha actitude groseira, violenta ou que en xeral atente co espírito deportivo da proba.
7. A proba estará controlada polo Comité Galego de Xuíces, que establecerá os correspondentes controis ao longo do circuíto,
8. No percorrido estableceranse controis, así como un posto de avituallamento.
9. Disporase de servizo de duchas no Pavillón Municipal de Esteiro.
10. O control de chegada pecharase unha hora despois de que entre en meta o primeiro clasificado. Cando un participante sobrepase o tempo previsto de peche de control (unha hora dende que entre o primeiro clasificado), será avisado pola organización e deberá subir ao coche oficial que pecha a carreira e abandonar a proba coa fin de non entorpecer o tráfico automobilístico e o desenvolvemento da propia actividade. No caso de continuar, farao baixo a súa responsabilidade, debendo cumprir as normas e sinais, e considerarse un usuario máis da vía, quedando eximida a organización de toda responsabilidade do que puidese acontecer (Regulamento xeral de circulación R.D. 1428/2003).
11. A Organización ten subscrito un Seguro Colectivo de Accidentes e Responsabilidade Civil. De tódolos xeitos, a Organización recomenda aos participantes que, con anterioridade á proba, efectúen un recoñecemento médico específico e que realicen un adestramento axeitado para as características desta competición.
12. CATEGORÍAS:
Aplícanse as categorías recollidas nas Bases do VII Circuíto Provincial de Carreiras Populares Deputación da Coruña.
13. INSCRICIÓN E RETIRADA DE CHIPS E DORSAIS.
1. As inscricións poderán efectuarse a partir do día 6 de decembro ata as 22:00 h do día 19 de decembro a través da páxina web carreirasgalegas. Non se admitirá outra vía de inscrición que a sinalada anteriormente.
2. A inscrición é gratuíta e a organización establecerá os seguintes limites de inscricións
▪ 700 dorsais carreira absoluta
▪ 400 dorsais carreiras de menores
3. A retirada de chips e dorsais poderase efectuar ao longo do venres 20 todo o día e sábado 21 pola mañá no Pavillón polideportivo de A Malata así como o sábado 21 de agosto, dende as 16:30 ata as 20:00 horas no posto habilitado no Cantón de Molíns para tal fin.
14. PREMIOS.
A organización premiará as tres primeiras persoas clasificadas de cada categoría das absolutas e menores. A entrega de trofeos realizarase unha vez pechado o control de meta.
15. A organización poderá modificar este regulamento ou o circuíto polo que discorrerá a carreira sen aviso previo. Así mesmo, resérvase a facultade de decidir sobre calquera circunstancia ou aspecto que non se considere neste regulamento.
16. Ao se inscribiren, todos os corredores aceptan a publicación do seu nome e a súa imaxe nas clasificacións, medios de comunicación e/ou a internet. De igual maneira, mediante a inscrición o/a corredor/a consente expresamente que os seus datos sexan empregados pola organización para comunicacións acerca da súa actividade.
17. En calquera caso, tal e como establece a Lei de protección de datos de carácter persoal, as persoas interesadas poden exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición a través dun escrito ou correo electrónico dirixido a Concellería de Deportes do Concello de Ferrol, praza de Armas s/n, 15402 Ferrol, <deportes@ferrol.es>.
18. Coa inscrición na proba enténdense aceptadas todas as normas e demais consideracións reflectidas neste regulamento.
⎼⎼⎼⎼⎼⎼ Ler mais
⎼⎼⎼⎼⎼⎼
|
CATEGORÍAS DE MENORES |
||
|
CATEGORÍA |
IDADE |
|
|
Benxamín/a - Sub 10 |
Nados/as en 2010 - 2011 |
|
|
Alevín - Sub 12 |
Nados/as en 2008 - 2009 |
|
|
Infantil - Sub 14 |
Nados/as en 2006 - 2007 |
|
|
Cadete - Sub 16 |
Nados/as en 2004 - 2005 |
|
|
Xuvenil – Sub 18 |
Nados/as en 2002 - 2003 |
|
|
CATEGORÍAS ABSOLUTAS |
||
|
Junior – Sub 20 |
Nados/as en 2000 - 2001 |
|
|
Promesa – Sub 23 |
Nados/as 1997 – 1998 - 1999 |
|
|
Senior |
Nados/as en 1996 ata 1985 |
|
|
Máster 1 |
Nados/as en 1984 ata 1979 |
|
|
Máster 2 |
Nados/as en 1978 ata 1970 |
|
|
Máster 3 |
Nados/as en 1969 ata 1960 |
|
|
Máster 4 |
Nados a partir do ano 1959 |
|