14 Jun 2026, Verín
A Revolta Irmandiña 2026
Inscrições e informações
Este pack turístico está deseñado para vivir a Revolta Irmandiña como unha experiencia completa de fin de semana. Inclúe unha selección de actividades que permiten coñecer a comarca de Verín-Monterrei a través da súa gastronomía, o viño e o patrimonio, combinando deporte, cultura e territorio nunha proposta pensada para desfrutar en compañía.
O pack ofrécese en dúas modalidades: pack individual e pack dobre, pensado para dúas persoas. A continuación detállanse as actividades incluídas en cada pack.
Habitación individual ou dobre
Aloxamento en habitación individual ou dobre o día previo ao evento.
Vermut
Un momento para saborear a tradición, compartir conversas e abrir o apetito.
Menú degustación
Un percorrido polos sabores máis representativos da gastronomía local, elaborado con produto de proximidade.
Visita turística
Descubre a historia, o patrimonio e as paisaxes máis emblemáticas da comarca de Monterrei.
Cata de viños
Degustación guiada de viños da Denominación de Orixe Monterrei, coñecendo as súas variedades e matices.
Almorzo
Comeza o día do evento cun almorzo completo.
Xantar popular
Un xantar tradicional para compartir mesa, ambiente e gastronomía típica da zona.
Transporte durante a fin de semana
Desprazamentos incluídos para gozar das actividades sen preocupacións.
Total
Este é o total do teu pedido